O Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, que regula o recoñecemento das escolas de tempo libre, esta
blece no seu artigo 59.1º que o recoñecemento das escolas de tempo libre e a aprobación dos seus programas de formación, lle corresponde á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.
Examinado o expediente promovido por Mª Berta Castro Álvarez, en nome e representación da Congregación das Relixiosas Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor, no que solicita o recoñecemento e a aprobación dos programas de formación da Escola de Tempo Libre Ana Mogas, a Dirección Xeral de Xuventude efectúa a proposta favorable ó recoñecemento solicitado, por ser conforme coa lexislación vixente, vistas as normas reguladoras desta materia (Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro). Por todo isto
DISPOÑO:
Primeiro.-Recoñecerlle á Escola de Tempo Libre Ana Mogas a condición de escola de tempo libre, aprobando os programas de formación propostos para os niveis primeiro (monitores/as de actividades de tempo libre) e segundo (directores/as de actividades de tempo libre e directores/as de campos de traballo) fixados no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro.
Segundo.-Ordena-la inscrición da Escola de Tempo Libre Ana Mogas no Rexistro de Escolas de Tempo Libre dependente da Dirección Xeral de Xuventude, correspondéndolle o número G-32.
Terceiro.-A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado expedirá os títulos acreditativos correspondentes ás materias impartidas pola Escola de Tempo Libre Ana Mogas, sempre de acordo co establecido no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, quedando esta supeditada á supervisión e inspección ordenadas no artigo 59.2º do dito decreto.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2003.
Pilar Rojo Noguera
Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte
e Voluntariado