Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.290

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2003 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible do Programa de Emprendedores. Promoción da Cultura Emprendedora. Subvención a fondo perdido para resolucións que se dicten no ano 2003 con cargo ós anos 2003 e 2004.

As bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas mediante resolución da directora xeral do Igape do 13 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 142, do 23 de xullo), para o Programa de Emprendedores prevé

o establecemento de compromisos plurianuais dentro dos límites autorizados.

Con data do 27 de decembro o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, publicados mediante Lei 6/2002 (Diario Oficial de Galicia nº 251, do 30 de decembro). Por outra parte, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión con data do 20 de marzo de 2003 autorizou os límites de plurianualidades do Instituto Galego de Promoción Económica.

Analizadas as necesidades de fondos e co obxecto de darlles resposta ós proxectos faise necesario amplia-lo límite de crédito reservado.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Facer público, de acordo cos importes que se relacionan a continuación, a ampliación do límite de crédito dispoñible do Programa de Emprendedores. Promoción da Cultura Emprendedora. Subvención a fondo perdido para resolucións que se dicten no ano 2003 con cargo ós anos 2003 e 2004, quedando cos límites seguintes:

Partida orzamentaria: 01.02/12/03/01.

Finalidade: Programa de Emprendedores. Promoción da Cultura Emprendedora. Subvención a fondo perdido.

Anualidade 2003 E: 72.000.

Anualidade 2004 E: 13.000.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA