Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 17 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución denegatoria das axudas de subvención financeira do expediente administrativo FM 341D 2002/849-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de denegación das axudas de subvención financeira do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 5-4-2002 (DOG nº 72, do 15 de abril de 2002) publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 341D 2002/849-5.

Orde de convocatoria: 5-4-2002 (DOG nº 72, do 15 de abril).

Interesada: Mercedes Galbán Aguirre.

Enderezo: rúa José Millán, 3-5º E, 36001 Pontevedra.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais do 10-6-2003, ó abeiro da Orde do 5-4-2002.

Examinada a solicitude de axudas para o emprego autónomo, presentada por Mercedes Galbán Aguirre, e tendo en conta os seguintes antecedentes:

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 31-5-2002. Xunto coa solicitude presentouse diversa documen

tación da esixida na orde de convocatoria, e pedíanse os seguintes tipos de axuda:

-Subvención financeira.

Segundo.-Da documentación existente no expediente despréndese que non se cumpren os requisitos polas razóns que se indican:

Non estar inscrito no Servicio Público de Emprego, segundo consta no certificado do Servicio Público de Emprego, no momento de inicia-la actividade, incumprindo a base segunda do anexo B da orde reguladora.

Beneficiarios: poderán ser beneficiarios das axudas deste programa os desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores autónomos por conta propia.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia desta delegación provincial, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para coñecer e resolver esta solicitude, vén determinada polo artigo 2 a) da Orde do 5 de abril de 2002 (DOG do 15 de abril) pola que se establecen os programas de fomento do emprego en empresas de economía social para a promoción do emprego autónomo e para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e traballo autónomo, en relación co Decreto 212/2003, do 3 de abril (DOG do 11 de abril), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Segundo.-Do actuado e da documentación achegada despréndese que non se cumpren as condicións e os requisitos esixidos na orde de convocatoria, polas razóns que se indican no ordinal segundo dos citados antecedentes e que constitúen a motivación desta.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Non lle conceder a Mercedes Galbán Aguirre a axuda ou subvención solicitada ó abeiro da citada Orde do 5 de abril de 2002, polas razóns expostas no ordinal segundo dos precedentes antecedentes.

Notifíqueselle esta resolución á interesada, facéndolle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial,

todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Vigo, 10 de xullo de 2003. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 17 de setembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra