Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a substitución de 200 ordenadores persoais nas oficinas de emprego do Servicio Público de Emprego de Galicia. (Expediente 85/2003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organisdmo: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:.

a) Descrición do obxecto: substitución de 200 ordenadores persoais nas oficinas de emprego do Servicio Público de Emprego de Galicia.

b) Lugar de entrega: nas dependencias das oficinas de emprego que determinará a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Prazo de entrega: dentro dos 20 días hábiles seguintes á sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 243.000 euros (douscentos corenta e tres mil euros, IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; teléfono: 981 54 56 50, fax: 981 54 29 08; www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do oitavo día natural, a contar desde o día seguinte o de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros/liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais