Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2003, da Secretaria Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a adquisición de 120 licencias GOLP de MS-Office XP Standard e actualización do sistema operativo Windows da súa versión Windows 98 a Windows XP Profesional. (Expediente 81/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de 120 licencias GOLP de MS-Office XP Standard e actualización do sistema operativo Windows da súa versión Windows 98 a Windows XP Profesional.

b) Lugar de entrega: nos servicios centrais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

c) Prazo de entrega: 15 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 56.750 euros (cincuenta e seis mil setecentos cincuenta euros, IVE incluído)

5. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781, Santiago de Compostela. Tfno.: 981 54 56 50, fax: 981 54 29 08; www.xunta.es/contratacion.

6. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións

Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

8. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería, situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do oitavo día natural, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos dos anuncios: 9,56 euros/liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral de la Consellería de Asuntos

Sociais, Emprego e Relacións Laborais