Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos administrativos correspondentes ós expedientes de clave OH336461 e catro máis.

O director xeral do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, e, a Resolución do 9 de abril de 2003, de delegación de funcións e atribucións do presidente de Augas de Galicia no director xeral, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

1. Ampliación da rede do saneamento no Grove. Zonas Balea 1, 2, 3, 4 e 5; Rons e Ardía (Pontevedra).

Clave: OH336461.

Adxudicatario: Obras y Viales Bascuas, S.L.

Orzamento: 277.619,72 euros.

2. Abastecemento e saneamento en Laza (Ourense).

Clave: OH532410.

Adxudicatario: Proyecón Galicia, S.A.

Orzamento: 328.885 euros.

3. Ampliación da rede de saneamento no Grove. Zonas Reboredo 1, Reboredo 2 e camping Area Grande (Pontevedra).

Clave: OH336462.

Adxudicatario: Obras y Viales Bascuas, S.L.

Orzamento: 252.373,29 euros.

4. Asistencia técnica para a xestión e administración para os aproveitamentos hidroeléctricos en tramitación e explotación.

Clave: EC/002/03/AT.

Adxudicatario: Tratamientos del Norte, S.L. (Tranor).

Orzamento: 690.200 euros.

5. Asistencia técnica para a realización do estudio e planificación do sistema de saneamento nos núcleos rurais no concello de Lugo.

Clave: OH027361 AT.

Adxudicatario: Ingeniería Civil, Energías Alternativas y Acuicultura, S.A. (Iceacsa).

Orzamento: 48.840 euros.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia