Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2003, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concurso público para a contratación do expediente. (Expediente 50/2003).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Número de expediente:

-C.P. 50/2003.-Subministracións sucesivas.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto:

-C.P. 50/2003.-Fíos de sutura.

b) Número de unidades que hai que entregar:

-C.P. 50/2003.-Punto 8.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número:

-C.P. 50/2003.-Punto 8.1 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de entrega:

-C.P. 50/2003.-Almacén xeral-Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

e) Plazo de entrega:

-C.P. 50/2003.-Apartado 7.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

b) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

-C.P. 50/2003.-277.403,52 euros.

5. Garantía provisional.

-C.P. 50/2003.-2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre (ve-la folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

c) Localidade e código postal: Ferrol (15405).

d) Teléfono: 981 33 45 14.

e) Fax: 981 33 40 15.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 31 de outubro de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional:

-C.P. 50/2003.-As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 7 de novembro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar:

-C.P. 50/2003.-A especificada no punto 5 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

2. Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

3. Localidade e código postal: Ferrol (15405).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (C.P. 50/2003): 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes (C.P. 50/2003): non se admitirá a presentación de variantes.

9. Apertura das proposicións.

a) Entidade: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

c) Localidade: Ferrol.

d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte. 18 de novembro de 2003.

e) Hora: a partir das 10.00 horas.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concurrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 11 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

-C.P. 50/2003.-2.700 euros.

Ferrol, 8 de setembro de 2003.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol