Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.095

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (972/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 972/2002 por instancia da entidade mercantil Hostenor La Luna, S.A., contra TGSS e outros sobre impugnación alta de oficio, dictouse a seguinte sentencia:

«Na Coruña, 22 de setembro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuiz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 972/2002, seguidos por instancia da entidade mercantil Hostenor La Luna, S.A. representada e asistida pola letrada Enma Miranda Varela, contra a Tesourería Xeral da Seguridade Social, representada e asistida pola letrada Cristina Ortiz Dorda e Dixie Carolina Ávila López, Alexandra Ferreira de Silva, Zuleima Yamilet Moncada Delgado, Gladis Emile Florenciano Jiménez, que non compareceron nos autos, sendo obxecto da reclamación, impugnación alta de oficio e seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola entidade mercantil Hostenor La Luna, S.A. contra a Tesourería Xeral da Seguridade

Social e Dixie Carolina Ávila López, Alexandra Ferreira de Silva, Zuleima Yamilet Moncada Delgado, Gladis Emile Florenciano Jiménez, coa absolución dos codemandados dos pedimentos contidos na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 030-6349-5603-0000-65-972-02.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Dixie Carolina Ávila López, Zuleima Yamilet Moncada Delgado e Gladis Emile Florenciano Jiménez, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 22 de setembro de 2003.

Jaime Balado Yánez

Secretario xudicial