Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.095

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (547/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 547/2002 por instancia de Emigdio F. García García, contra Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, sobre prestacións, nos que recaeu sentencia con data do 17 de setembro de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Emigdio Fernando García García, condeno a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo a aboarlle o subsidio de IT na contía de 600,02 euros, correspondentes ó mes de maio de 2001 e 8 días de xuño do citado ano.

Condeno os interventores da suspensión de pagamentos, Óscar Manuel Salvador Núñez, Rafael Moreno García e Arturo Villanueva López-Ballesteros, a se ater á presente declaración, e o Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesourería Xeral da Seguridade Social, se é o caso, pola responsabilidade

subsidiaria que lles puidera corresponder, todo iso sen prexuízo da posibilidade da condenada de repetir contra a empresa, para o suposto de ter descontado aquela das cotizacións a prestación correspondente. Absólvese da demanda a empresa Obraserg, EC, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Obraserg EC, S.L., a Óscar Manuel Salvador Núñez, Rafael Moreno García e Arturo Villanueva López-Ballesteros, expido e asino esta cédula na Coruña, 23 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado