Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.096

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

EDICTO (559 e 609/2003).

Misael León Noriega, secretario do Xulgado do Social número dous de Oviedo e a súa provincia, fago saber que na resolución dictada no día da data no proceso seguido nestes autos nº demanda 559 e 609/2003, por instancia de Blas García González contra Inversiones y Seguridad 2001, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se acordou citar a Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 11 de novembro de 2003, ás 11 horas da mañá, para a realización dos autos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número dous, sito na rúa Santa Teresa 15, ó que deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que sirva de citación a Inversiones y Seguridad 2001, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

En Oviedo o vintetrés de setembro de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado