Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.094

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (126/2001).

No procedemento de referencia dictouse a sentencia na cal o seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2003.

María Fe López Juiz, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil ordinario seguido neste xulgado co número 126/2001, no que actuaron como demandante Leonor Gigirey Mata, representada polo procurador Sr. Raposo Quintas e asistida do letrado Pueyo Losa; como demandada María Gigirey Mata representada polo procurador Sr. Regueiro Muñoz e asistida do letrado Sr. Varela Fraga; Ricardo Ferrer Jaureguizar, asistido da procuradora Sra. Goimil Martínez e asistido do letrado Sr. Ferrer Jaureguizar e Piedad Gugirey Riveiro declarada en situación de rebeldía procesual, en nome de El-Rei, dictou a seguinte sentencia.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Leonor Gigirey Mata, representada polo procurador Sr. Raposo Quintas e asistida do letrado Pueyo Losa contra María Gigirey Mata, representada polo procurador Sr. Reguiero Muñoz e asis

tido do letrado Sr. Varela Fraga; Ricardo Ferrer Jaureguizar, asistido da procurador Sra. Gomil Martínez e asistido do letrado Sr. Ferrer Jaureguizar; e Piedad Gugirey Riveiro, declarada en situación de rebeldía procesual, debo de absolver e absolvo os demandados das pretensións contra el exercitadas.

En canto ás custas, haberá que aterse ó disposto no último fundamento de dereito.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que, contra esta, poden interpor recurso de apelación que, se é o caso, deberán preparar ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes ó que se lles notifique esta resolución.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Piedad Gigirey Riveiro, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2003.

O/A secretario/a

Rubricado