Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.093

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (100/2003).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 100/2003 se acordou citar a Xulio Xesús Sambad Ordóñez.

«Cédula de citación.

O maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela acordou citar a vostede para que o próximo día sete de outubro ás doce corenta e cinco horas, asista na sala de vistas tres 1º andar á celebración

do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por apropiación indebida, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer no acto de xuízo con tódolos medios de proba de que se tente valer (testemuñas, documentos, peritos...), e que poderá acudir asistido de letrado, ben que este non é preceptivo.

Apercíbese de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa, e recaerá sobre vostede o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

Santiago de Compostela, sete de agosto de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado»

E para que conste e sirva de citación a Xulio Xesús Sambad Ordóñez, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de setembro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado