Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2003 Páx. 13.093

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (199/2002).

Sonia Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Noia (A Coruña).

Fago saber que neste xulgado se segue o procedemento de expediente de dominio, inmatriculación 199/2002, por instancia de María Teresa Siso Creo, expediente de dominio para a inmatriculación dos seguintes predios:

Portelas a labradío, hoxe soar, de dez cuncas, ou tres áreas e cincuenta centiáreas, sito no lugar de Ousoño, que estrema: norte, sur e leste, herdeiros de Digna Siso Moledo; e oeste, camiño pista ou estrada de Ousoño.

Polo presente edicto e en virtude do acordado en providencia, de data 16 de decembro de 2002, convócanse os herdeiros de José Ventura Siso Moledo, como persoas de quen dependen os predios; ós herdeiros de Teresa Siso Moledo, como persoas ó nome das cales aparece catastrada; como donos dos predios lindantes, a herdeiros de Digna Siso Moledo e José Ventura Siso Moledo, Dora Güeto Siso, Ramón Güeto Siso e herdeiros descoñecidos e incertos de Peregrino Güeto Lojo e Digna Siso Moledo, e ás persoas ignoradas a quen puidera prexudica-la inscrición solicitada para que, no termo dos dez días seguintes á publicación deste edicto, poidan comparecer no expediente alegando o que ó seu dereito conveña.

En Noia, 19 de setembro de 2003.

A xuíza

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA