Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.049

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (145/2003).

María Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, certifica que no rolo de apelación 145/2003, se dictou

resolución cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia.-Presidente, Juan Ángel Rodríguez Cardama. Maxistrados: Rafael Jesús Fernández-Porto García, María del Carmen Mosquera Rodríguez.

Na Coruña, o doce de setembro de dous mil tres.

Visto o presente recurso de apelación tramitado baixo o número 145 de 2003, pola sección terceira desta Audiencia Provincial, constituída polos señores maxistrados que anteriormente se relacionan, interposto nos autos de xuízo de menor contía, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, ante o que se tramitaron baixo o número 138/1997, nos que son parte, como apelante, os demandantes Carlos Guimerans e María Luz García Docampo, maior de idade, veciños de Ames (A Coruña), con domicilio na parroquia de Ortoño lugar de Bertamiráns, avenida da Mahía, 133, provistos dos documentos nacionais de identidade números 35946839 e 35035006 respectivamente, representados na instancia polo procurador Avelino Calviño Gómez, e dirixidos polo avogado José Pérez Ramos, que designaron para efectos de notificacións a procuradora desta cidade Yolanda Álvarez Castro; e como apelados, os demandados Manuel Peleteiro Ramos e María Jesús Pérez Crespo, maiores de idade, veciños de

Santiago de Compostela, con domicilio na rúa San Pedro de Mezonzo, 31-8º, provistos dos documentos nacionais de identidade números 33210055 e 33225432 respectivamente; Manuel Liñares Liñares, maior de idade, veciño de Brión (A Coruña), con domicilio na parroquia de Brión, lugar de Brans de Abaixo, provisto do documento nacional de identidade número 33142627, todos eles representados na instancia pola procuradora Soledad Sánchez Silva, e dirixidos polo avogado César Rúa Martínez; e contra as persoas descoñecidas e incertas que por calquera título ou causa pretendan ostentar algún dereito; versando os autos sobre dereito de usufructo e outros extremos.

Decidimos: estimando de forma parcial o recurso de apelación interposto en nome de Carlos Barros Guimerans e María Luz García Docampo, contra a sentencia dictada o 9 de setembro de 2002, polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, nos autos de xuízo de menor contía, seguidos co número 138/1997, pola súa instancia contra Manuel Peleteiro Ramos, María Jesús Pérez Crespo, Manuel Liñares Liñares e as demais persoas descoñecidas e incertas que por calquera título ou causa pretendan ostentar algún dereito ou puidesen derivar dereitos, confirmando parcialmente e revogando en parte a dita resolución, debemos declarar e declaramos que os cónxuxes Carlos Barros Guimerans e María Luz García Docampo son titulares dun dereito de usufructo sobre a décima parte indivisa nos predios que se mencionan no feito primeiro das demandas acumuladas, que teñen dereito ó uso e desfrute exclusivo o excluínte dos citados predios desde o día 1 de xuño ó 6 de xullo ambos inclusive, de cada ano,

e que os demandados deberanse abster de realizar calquera tipo de actos que impidan, dificulten ou menoscaben o normal exercicio do citado

dereito de usufructo; condenando os demandados a estaren e pasaren polas precedentes declaracións, a que faciliten o libre acceso dos apelantes ós predios e ás súas instalacións nas citadas datas, e que absteñan de realizar actos contrarios ó pronunciado; todo iso sen expresa imposición das custas devengadas en ámbalas instancias.

Así, por esta nosa sentencia, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación ó demandado rebelde as demais persoas descoñecidas e incertas que por calquera título ou causa pretenda ostentar algún dereito ou puidesen derivar dereitos, estendo e expido o presente edicto na Coruña, o doce de setembro de dous mil tres.

María Isabel Freire Corzo

Secretaria xudicial