Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.049

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2003 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de seis prazas de analistas (grupo I) convocadas por Resolución do 24 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 11 de agosto)

Rematado o prazo de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos ás probas selectivas para a provisión de seis prazas de analistas (grupo I), convocadas por Resolución do 24 de xuño de 2003 (DOG do 11 de agosto), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1º da convocatoria resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos que figura exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Mestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Doutor Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto na base 7.1 convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposición, que dará comezo ás 17.00 h do día 23 de outubro de 2003, no Centro Universitario de Riazor (rúa Almirante Lángara, s/n). Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante este rectorado, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de outubro de 2003.

(Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións