Teresa Sampedro Blanco, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dá fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 498/2003, se acordou, por Resolución do 17 de setembro de 2003, a citación de José Antonio Suárez Toja mediante a publicación da seguinte cédula de citación:
En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar numero 498/2003, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a José Antonio Suárez Toja, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 6 de novembro, ás 9.30 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.
A Coruña, 17 de setembro de 2003.
A secretaria
Rubricado