Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.050

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (73/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este

Xulgado do Social, tramitados baixo o número 73/2003 por instancia de Verónica López Andrade contra a empresa Grupo Goncasse, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña o 3 de xullo de 2003, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo número 73/2003, seguidos por instancia de Verónica López Andrade, maior de idade, asistida por José Páramo Sureda, contra a empresa Grupo Goncasse, S.L., sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Verónica López Andrade contra a empresa Grupo Goncasse, S.L., condenando a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 1.888,85 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603-0000-60-73-03, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recurrir en el número de conta 030-6349-56903-0000-65-73-03.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 18 de setembro de 2003.

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial