Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 20 de outubro de 2003 Páx. 13.050

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (455/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 455/2003, por instancia de Concepción Carril Rial e outras, contra Carballos Altos, S.L e outros sobre resolución de contrato, nos

que recaeu sentencia en data 18 de setembro de 2003 que copiada nos particulares di así:

«Que estimando a demanda formulada por María Concepción Carril Rial, María Sol Vázquez Garea, María Carmen Vaamonde Calvo, Rocío Freire Quintas, Silvia Carril Rial, Marisol Santiso Pérez, Ana Belén Freire Quintas, María Dolores Martínez Cabanas, María Carmen Sanmartín Fernández, Ana María Miramontes Varela, Celia Mera Santos, Mercedes Vázquez Estévez, Josefina Barreiro García, Ana María Rodríguez Ramos, Teresa Méndez García, María Jesús López Barcia e María Rodríguez Castro, declaro a improcedencia do seus despedimentos e condeno a empresa Carballos Altos, S.L. a indemnizalos coas cantidades seguintes: 12.431 euros a María Concepción Carril Rial, 8.822,50 euros a María Sol Vázquez Garea, 1.147,77 euros a María Carmen Vaamonde Calvo, 7.089,90 euros a Rocío Freire Quintas, 8.716,17 euros a Silvia Carril Rial, 6.136,03 euros a Noelia Rey Vázquez, 10.264,24 euros a Ana María Pampín Bascoy, 8.716,17 euros a Concepción Bouzas Vázquez, 12.431,57 euros a Isabel Fuentes Cacharrón, 12.469,10

euros a Mercedes Pilar Casal Méndez, 10.946,03 euros a Marisol Santiso Pérez, 8.716,17 euros a Ana Belén Freire Quintas, 12.431,57 euros a María Dolores Martínez Cabanas, 12.525,39 euros a María Carmen Sanmartín Fernández 9.635,64 euros a Ana María Miramontes Varela, 4.628,61 euros a Celia Mera Santos, 5.998,43 euros a Mercedes Vázquez Estévez, 1.842,06 euros a Josefina Barreiro García, 6.614,53 euros a Ana María Rodríguez Castro, 612,98 euros a Teresa Méndez García, 577,94 euros a María Jesús López Barcia y 697,42 euros a María Rodríguez Castro, e a aboarlle-los salarios de tramitación ata a data da presente resolución, que ascenden a 3.069,41 euros a cada unha delas respectivamente, excepto a María Jesús López Barcia que lle corresponden 2.455,49 euros de salarios de tramitación, declarando extinguido o contrato de traballo na data desta sentencia e absolvendo da demanda o resto das demandadas, Sastrería López Parga, S.L., Neyva, S.L., Manuel López Neira e Marta Sánchez Losada.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60.0455.03 de Banesto (0030) Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírteselle á parte demandada que si fai uso de tal dereito, tendo optado pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboarlle á parte actora o mesmo salario que debería percibir, estando obrigada esta a presta-los

seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ninguna compensación por parte da demandante.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mandoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sastrería López Parga, S.L. e a empresa Neyva, S.L. expido e asino esta cédula.

A Coruña, 19 de setembro de 2003.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial