Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, con data do 1-9-2003, acordou modifica-lo ámbito territorial definido polo acordo plenario do 7-4-2003, relativo á suspensión automática de licencias de parcelamento de terreos, edificación e demolición, como consecuencia da aprobación inicial do proxecto de modificación puntual do PXOU nos sectores de SUNP N-M, N-J e N-K, acordada polo acordo plenario de data 30-12-2002, no sentido de excluír del o soar correspondente ós números 44 ó 50 da rúa Calzada da Ponte, esquina rúa do Cruzamento, grafado en plano obrante no expediente, á vista da solicitude formulada por Vilares Lugo, S.L. (art. 118.2º do R.D. 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de planeamento urbanístico).

Contra o devandito acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste acto, o cal pone fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que se estime conveniente.

Lugo, 12 de setembro de 2003.

P.D. (Decreto alcaldía 56/2003)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo, Infraestructura e Medio Ambiente