Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 11 de setembro de 2003, aprobou inicialmente polo procedemento de taxación conxunta o proxecto de expropiación forzosa dos terreos necesarios para a urbanización parcial de avda. da Coruña número 476, cos seguintes documentos que regulamentariamente o integran:

a) Determinación do ámbito territorial.

b) Fixación de prezos coa clasificación razoada do solo.

c) Follas de prezo xusto individualizadas de cada parcela.

A superficie para expropiar é de 53 m e unha valoración total ascende á cantidade de 25.127,66 euros, segundo a relación de propietarios afectados que a continuación se detalla:

Parcela: 1.

Propietario: Antonio Souto García, avad. da Coruña, número 480, Lugo.

Superficie afectada: 53 m.

Valoración: 25.127,66 euros.

En cumprimento do disposto no artigo 143.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o proxecto de expropiación, xunto cos documentos que se sinalan, sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, durante o cal os interesados poderán examina-lo expediente no Servicio de Urbanismo, na oficina de Xestión Urbanística, primeira planta do edificio sito na ronda da Muralla, 197 (antigo Seminario), así como presenta-las alegacións, reclamacións ou suxestións que desexen, mediante escrito dirixido á alcaldía.

Así mesmo, publícase para os efectos de notificación legal a aqueles afectados que puidesen resultar descoñecidos, en virtud do previsto no artigo 80, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 19 de setembro de 2003.

P.D. (Decreto alcaldía 56/2003)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente-alcalde delegado de Área