Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 13.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Marín.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 932/2002.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: execución da obra remodelación do mercado municipal de Seixo.

División por lotes e número: non.

Lugar de execución: Seixo-Marín.

Prazo de execución: 60 días hábiles.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

136.982,32 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Marín.

Enderezo: avda. de Ourense, s/n.

Localidade e código postal: Marín (Pontevedra), 36900.

Teléfono: 986 88 03 00 ou 986 88 03 04.

Telefax: 986 88 20 13.

Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación empresarial:

Grupo C, subgrupo 3, 4 e 6, categoría c).

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (DOG ou BOP).

Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: punto 6 deste anuncio.

9. Apertura de ofertas.

Entidade, enderezo e localidade: punto 6 deste anuncio.

A data e a hora: ás 13.00 horas do 2º día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, excepto que coincida en sábado, no que o acto terá lugar o día seguinte hábil á mesma hora.

10. Gasto do anuncio: por conta do adxudicatario.

Marín, 13 de outubro de 2003.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde