Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 13.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

Neste concello tramítase expediente de expropiación polo procedemento de taxación conxunta de determinados predios pertencentes a titulares non adheridos/as á xunta de compensación do polígono non consolidado nº 11 do solo urbano das NNSS en Agra de Barro.

En cumprimento do disposto no artigo 143 da LOUGA, Lei 9/2002, do 30 de decembro, exponse ó público o expediente para eventuais observacións ou reclamacións que se formularán no rexistro xeral do concello no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Noia, 19 de setembro de 2003.

Antonio Pérez Insua

Alcalde presidente