Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 13.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación da asistencia á deputación para a realización da codirección das obras incluídas na primeira e segunda fase da primeira programación plurianual do IV convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación de asistencia á Deputación da Coruña para

a realización da codirección das obras incluídas na 1ª e 2ª fase da primeira programación plurianual do IV convenio Xunta de Galicia-Deputación da Coruña para a reforma e construcción de instalacións deportivas que figura no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación, de 9.00 a 13.00 horas

dentro do prazo dos oito días naturais que comezarán a contar desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de outubro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación da Coruña

ANEXO

Proxecto e lugar de execuciónOrzamentoPrazo de execuciónClasificaciónGarantía provisionalGarantía definitiva

-Lote A.

Reforma do polideportivo

en Abegondo.

9.613,11O prazo de execución dos traballos de codirección das obras que contrate a Deputación da Coruña comprenderá o prazo de execución das obras, a súa recepción e finalización do prazo de garantía.Non se esixeNon se esixeNon se esixe

-Lote B.

Acondicionamento zona deportiva no concello de Arteixo.18.995,84O prazo de execución dos traballos de codirección das obras que contrate a Deputación da Coruña comprenderá o prazo de execución das obras, a súa recepción e finalización do prazo de garantía.Non se esixeNon se esixeNon se esixe

-Lote C.

Piscina cuberta en Cee.24.272,33O prazo de execución dos traballos de codirección das obras que contrate a Deputación da Coruña comprenderá o prazo de execución das obras, a súa recepción e finalización do prazo de garantía.Non se esixeNon se esixeNon se esixe

-Lote D.

Piscina cuberta en Muros.25.791,03O prazo de execución dos traballos de codirección das obras que contrate a Deputación da Coruña comprenderá o prazo de execución das obras, a súa recepción e finalización do prazo de garantía.Non se esixeNon se esixeNon se esixe

-Lote E.

Acondicionamento do campo de fútbol en Coirós.4.531,72O prazo de execución dos traballos de codirección das obras que contrate a Deputación da Coruña comprenderá o prazo de execución das obras, a súa recepción e finalización do prazo de garantía.Non se esixeNon se esixeNon se esixe

CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO

DA CORUÑA