Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 1 de outubro de 2003, aprobou definitivamente a delimitación en polígonos da Área de reparto nº 7 do PXOM, promovida por instancia de José Rodríguez Gómez.

Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se practicou a notificación, ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo, no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes, desde a interposición do recurso de reposición.

O Carballiño, 6 de outubro de 2003.

O alcalde

Rubricado