Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ANUNCIO do 17 de setembro de 2003 polo que se notifican as resolucións das reclamacións económico-administrativas números 2414-P-02/06, 2493-P 02/08 e 2671-C 03/04.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria das resolucións correspondentes ás reclamacións económico-administrativas nº 2414-P-02/06 interposta por Hosteline, S.L. (domicilio notificacións: r/ Rosalía de Castro, 37, Vigo), nº 2493-P 02/08 interposta por Antonio Arosa Lago (domicilio notificacións: barrio de Quitela-O Quinteiro, 96, 36800 Redondela, Pontevedra) e nº 2671-C 03/04 inter

posta por Antonio Expósito López y otros, SC (domicilio notificacións: r/ San Vicente, 59-2º dta., 15007 A Coruña) e, de acordo cos artigos 83 e 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas, publícase que as reclamacións económico-administrativas de referencia foron desestimadas por resolucións de datas 31-3-2003 e 28-4-2003, sendo esta a forma de notificación ós interesados.

As resolucións estarán á disposición dos interesados nas dependencias da secretaría deste tribunal situadas na Consellería de Economía e Facenda (1º andar, Dirección Xeral de Tributos).

Estas resolucións esgotan a vía económico-administrativa, contra elas os interesados poderán interpor recurso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a esta notificación.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2003.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do tribunal