Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 15 de setembro de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se lles notifica ós relacionados a facturación ó seu nome de sercicios sanitarios prestados neste centro no caso de non achega-los datos necesarios para facturar ó terceiro obrigado ó pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo II do Real decreto 63/1995, do 20 de xaneiro, sobre ordenación de prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde, así como no artigo 83 da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ó terceiro obrigado ó pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ó seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 159/2002, do 18 de abril, DOG nº 88, do 8 de maio, Decreto 34/2000, do 11 de febreiro, DOG nº 40, do 28 de febreiro de 2000) polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes

do Servicio Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ó seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación para achegar deberán poñerse en contacto co Servicio de Facturación deste centro sanitario teléfono 988 38 55 27.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Ourense, 15 de setembro de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense

Nome do doenteDNI/NIF

Cosme da Silva Ana LucíaX3538117G
Collazo Rodríguez José Manuel44454095
Faustino Pereira RicardoX4989922A
Raza SalimX01738101Z
Losada Colmenero Gonzalo34919461
Naveira Beade Agustín2085609S
García Díez Eva María9805742Z
Marín RamonaX2135824K
Delgado Orozco Andrea Juliana3365244
Molina MercedesX3915675V
Pinto Figueiredo Luciana44490279E
Gallego Moncada ErnestoX3932651L
Arias Alén Elvira34583033A
López Araújo Ramón76904880X
Benson SoniaX4367291M
Filipache DanielaX4639029K
Patiño Santa Ana MaríaX2927833W
Ribao Moure Adrián34974951R
Blanco Frechoso Jesús11066952L
Alves Felipe FrancielleX5098681H
Souza Silva AndreaX4260174E
Muñoz Galán Susana11834943V
Cristina Ferreira NadiaX4699066M
Boga Conde Carlos32834018T
Fraga Pérez Juan Ramón32632570D
Mbacke Serigne PendaX01496320D
Rodrigues da Silva María VivianeX02978766J
Amado González Adolfo34951097K

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE

AUTÓNOMA DE GALICIA