Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 16 de xuño de 2003, da Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ó seu nome de servicios sanitarios prestados neste centro no caso de non achega-los datos necesarios para facturar ó terceiro obrigado ó pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo II do Real decreto 63/1995, de 20 de xaneiro, sobre ordenación de prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ó terceiro obrigado ó pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ó seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 70/2001, do 22 de marzo, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio

Galego de Saúde (DOG nº 68, de 5 de abril), polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ó seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que achegar, deberán poñerse en contacto co Servicio de Facturación deste centro sanitario, teléfono 982 29 64 21 ou 982 29 64 01.

Para que conste, lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Lugo, 16 de xuño de 2003.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

Nome do pacienteDNI

Díaz Pérez, Juan Carlos33340046M
García Carnicero, Juvenal12398889A
Lence Cortiñas, Jesús Lisardo33841189R
López Fernández, Alberto33338328N
Moreira da Rocha, DarcileneX2313920M
Vilasuso Díaz, Remedios María76574345P