Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003 pola que se corrixen erros na do 11 de xullo de 2003, sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios, publicada no Diario Oficial de Galicia do 18 de agosto de 2003.

Advertidos erros mecanográficos na Resolución rectoral do 11 de xullo de 2003, procede, de conformidade co artigo 105.2 da LRXAP-PAC realiza-la súa corrección no seguinte senso:

Décimo sexto.-

Onde di: «2.- As anulacións de matrícula por falta de pagamento do 2º prazo», debe dicir: «2.- As anulacións de matrícula por falta de pagamento».

Así mesmo, no mesmo artigo hai que engadir: «5.- O pedimento de informes preceptivos e os facultativos cando os requira unha disposición administrativa de carácter xeral ou se xulguen necesarios para a resolución do procedemento; os escritos ós que fai referencia o artigo 71 da LRXAP-PAC; calquera acto de trámite ou instrucción dos procedementos que sexan competencia da respectiva unidade, así como as resolucións de inadmisión a trámite ou declarativas de desistencias ou renuncias».

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela