Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003 pola que se corrixen erros na do 14 de xullo de 2003, pola que se delega a sinatura da potestade certificante do secretario xeral en determinados órganos, publicada no Diario Oficial de Galicia do 18 de agosto de 2003.

Advertido erro na Resolución do 14 de xullo de 2003, pola que se delega a sinatura da potestade certificante do secretario xeral en determinados órganos, procede, de conformidade co artigo 105.2º da LRXAP-PAC, corrixila no seguinte sentido:

Punto cuarto:

Onde di: «a sinatura de anulación», debe dicir: «a certificación de anulación ...».

Décimo segundo:

Suprímese o parágrafo 2 do referido artigo, eliminándose onde di: «O asinamento de actos de instrucción necesarios para a tramitación dos procedementos de ingreso e acceso de estudiantes, incluídas as resolucións de inadmisión a trámite».

No parágrafo 3 deste artigo suprímese: «segundo o modelo que se aprobe».

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.

Joaquín Rodríguez-Toubes Muñiz

Secretario xeral