Rematado o prazo para presenta-la instancia solicitude e realizada a baremación dos méritos, procede a publicación das puntuacións provisionais no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das delegacións provinciais e na páxina web desta consellería.
En consecuencia, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Facer público na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións provinciais e na páxina web desta consellería as puntuacións provisionais do baremo para prazas de interinidades e substitucións en especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de danza.
Segundo.-Contra estas puntuacións provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de cinco días naturais, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2003.
Severino Somoza Gómez
Director xeral de Persoal da Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria