Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.972

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da industria de ebanistería e afíns da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector da industria de ebanistería e afíns da provincia de Lugo (código 2700245), asinado o día 24 de xullo de 2003, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería de Lugo e das centrais sindicais UGT (55,2%), CC.OO. (13,8%), CIG (13,8%) e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 11 de agosto de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Acta

Asistentes:

* Pola Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería de Lugo:

Ángel Hermida Seivane.

Julio Moure López.

Manuel Rivada Santos.

Antoni Gordó Aubarell.

Juan Carlos Carballido Engraba.

Gonzalo Expósito Chorén.

José Marcos Resco Valiña.

* Polas centrais sindicais:-UGT (55,25%):

Adolfo Mosteirín Turia.

José Luis Combarro Infante.

José Carlos Rodríguez del Río.

Carlos García Vázquez.

Miguel Ángel Fernández López.

José A. Rodríguez Lorigados.

Manuel Franco Otero.

Manuel J. Fernández Rodríguez.-CC.OO. (13,8%):

Jesús Varela Lodeiro.

José Manuel Brea Méndez.-CIG (13,8%):

Xosé Ríos Cidrás.

Ignacio Javier García Gómez.

Amable García García.

José Juan Fernández Sánchez.

En Lugo, sendo as 17.00 horas do día 27 de xuño de 2003, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo de ebanistería de la provincia de Lugo, adoptándose, logo dos debates correspondentes, os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-lo texto e táboas do convenio colectivo de ebanistería da provincia de Lugo con vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2003, para o que as partes contan coa capacidade legal suficiente, segundo se acredita coa acta de constitución da comisión negociadora.

Segundo.-Remiti-lo texto e táboas do convenio aprobado á autoridade laboral competente, para os efectos legais oportunos.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión á que corresponde esta acta, que en proba de conformidade asinan os á marxe indicados, no lugar e na data indicados no encabezamento.

Asinado.

Convenio colectivo provincial para a industria de ebanistería e afíns da provincia de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio será de aplicación a tódalas empresas da provincia de Lugo, establecidas ou que se establezan no futuro, que rexéndose polo II convenio colectivo estatal para as industrias da madeira publicado no BOE do 24 de xaneiro de 2002 e tendo

os seus centros de traballo na provincia, teñan ó seu servicio traballadores encadrados nas actividades de ebanistería, mobles curvados, fábricas de mobles en serie, carpintería e carpintería mecánica, envases e embalaxes, brochas, cepillos, pinceis e vasoiras, almacéns de madeira e tapicerías, fábricas de cadaleitos, carpintería de ribeira e demais actividades de 2ª transformación da madeira previstas no anexo I do II convenio colectivo estatal para as industrias da madeira. As condicións pactadas neste convenio teñen o carácter de mínimas obrigadas.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio terá unha duración de 1 ano, desde o 1 de xaneiro de 2003 ata o 31 de decembro de 2003, con independencia da data de publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3º.-Comisión mixta paritaria.

Constituirase un comité mixto paritario entre as partes asinantes do convenio. O citado órgano -integrado por 5 representantes da asociación empresarial asinante e 3 membros de UGT, 1 de CC.OO. e 1 da CIG, igualmente asinantes do convenio-cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así coma do seu seguimento. Caso de non chegar a acordo na dita comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación e xurisdicción competente.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que anteriormente a este convenio viñeran gozando de mellores condicións cás aquí pactadas, poderán acollerse ás mesmas, séndolles respectadas para tódolos efectos.

Artigo 5º.-Denuncia.

A denuncia do convenio deberá presentarse cunha antelación mínima de 30 días á data de finalización do convenio por calquera das partes. A ausencia de denuncia deste convenio, significará, en todo caso, a prórroga do mesmo por un ano, en iguais termos, salvo no referente a táboa salarial, que se verá incrementada en igual contía có IPC anual.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral de traballo queda fixada para o ano 2003 en 1.772 horas ó ano de traballo efectivo, tanto en réxime de xornada continuada coma partida, que se distribuirá de luns a venres, ambos inclusive, salvo nos casos de que entre empresa e traballadores se tome un acordo en contra con respecto ó traballo dos sábados.

Independentemente do anterior, a empresa queda facultada, naqueles supostos de que non se traballe o sábado, para nomear un servicio de urxencia para manter un nivel mínimo de servicios de asistencia ó público, sendo os ditos nomeamentos de carácter representativo. A compensación ós traballadores que traballen en sábado, efectuarase de forma horaria con carácter mensual.

As empresas poderán distribuí-la xornada establecida no parágrafo primeiro deste artigo ó longo do ano mediante criterios de fixación uniforme ou irregular, afectando a uniformidade ou irregularidade ben a todo o cadro de persoal ou de forma diversa por seccións ou departamentos, por períodos estacionais do ano en función das previsións das distintas cargas de traballo e desprazamentos da demanda. En todo caso, a distribución irregular da xornada respectará os topes mínimos e máximos de distribución previstos no artigo 43 do II convenio colectivo estatal para as industrias da madeira.

Os efectos dunha mellor organización do traballo as empresas poderán establecer un calendario anual no que se recolla a distribución da xornada pactada ó longo do ano.

Artigo 7º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio gozará dun período anual de 30 días naturais de vacacións, preferentemente entre os meses de xuño e setembro. No primeiro trimestre de ano, as empresas poñerán en coñecemento de todo o persoal o calendario de vacacións, así como os criterios seguidos para o seu establecemento. Despois da citada exposición, existirá sempre a posibilidade de reaxuste do calendario proposto, ben por medio dun prazo de reclamación daqueles traballadores que sexan prexudicados ou polo establecemento dun acordo entre empresa e traballador.

Salvo no suposto de disfrute de vacacións por mes ou quincena natural, o inicio do período de gozo de vacacións terá lugar en día laborable, non tendo tal consideración nin os sábados nin os domingos.

Con independencia do anterior, no caso de gozo de vacacións por períodos de tempo inferiores á quincena, o inicio de disfrute das mesmas tampouco poderá ter lugar os venres.

No suposto de desacordo, rexerá o que dispoña a autoridade laboral ou a xurisdicción laboral.

Artigo 8º.-Período de proba.

O persoal comprendido neste convenio, para os efectos de establece-la duración dos períodos de proba, estará á seguinte escala:

-Técnicos titulados superiores: 6 meses.

-Técnicos de grado medio ou sen titulación e persoal administrativo cualificados: 2 meses.

-Persoal de oficio e auxiliar administrativo: 1 mes.

-Resto do persoal: 20 días.

Artigo 9º.-Licencias retribuídas.

O persoal gozará das seguintes licencias retribuídas:

-15 días en caso de matrimonio.

-2 días por cambio de domicilio na cidade.

-5 días por cambio de residencia fóra da municipio.

-Nos casos de asistencia a consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social, coincidindo o horario de consulta co do traballo, polo tempo necesario, debe presenta-lo traballador ó empresario xustificante de ter asistido á consulta.

-O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialista da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de consulta co do traballo, se prescriba a dita consulta polo facultativo de medicina xeral, debendo presenta-lo traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica.

Considéranse non laborables os días 24 e 31 de decembro.

Nos restantes casos, rexerá o disposto no cadro de permisos e licencias recollido no II convenio colectivo estatal para as industrias da madeira e na lexislación laboral vixente, cadro que se incorpora ó texto do presente convenio como anexo I.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

As empresas entregarán ós traballadores 2 prendas anualmente, unha en xullo e outra en decembro. En traballos especiais entregaranse, se fose necesario, as pezas oportunas.

Artigo 11º.-Salarios.

Durante o ano 2003 os salarios serán os establecidos na táboa salarial recollida no anexo II, resultado de aplicar un incremento do 2,75% sobre das táboas do ano 2002, segundo o establecido na disposición adicional única do II convenio colectivo estatal para as industrias da madeira.

Artigo 12º.-Cláusula de revisión salarial.

No caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2003 rexistre un incremento superior ó IPC previsto polo Goberno para o ano 2003, faráse unha revisión de salarios no exceso resultante con efectos do 1 de xaneiro de 2003.

Para a aplicación, se é o caso, do sinalado no parágrafo anterior, a comisión negociadora reunirase para a confección, aprobación e remisión para a súa publicación das táboas revisadas para o ano 2003 tan pronto como se coñeza o IPC real o 31 de decembro de 2003.

Así mesmo a comisión negociadora, na mesma reunión, e con fin de que os traballadores cobren canto antes os incrementos salariais ós que teñan dereito, confeccionarán as táboas salariais a apricar desde o 1 de xaneiro de 2004 conforme o incremento salarial previsto na disposición adicional única do II convenio colectivo estatal para as industrias da madeira.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

Establécese unha en xullo de 30 días, a pagar antes do 30 de xuño, denominada paga de verán e outra en decembro de 30 días a aboar antes do

20 do citado mes, denominada paga de Nadal. A contía das pagas mencionadas será de 30 días de salario base máis a antigüidade.

As pagas extraordinarias reguladas neste artigo devengaranse por semestres naturais e por cada día natural no que se devengase o salario base.

Artigo 14º.-Premio de xubilación.

Os traballadores que se xubilen con máis de 10 anos de antigüidade na empresa terán dereito ó gozo de vacacións retribuídas nas seguintes duracións:

-Ós 65 anos: 1 mes.

-Ós 64 anos: 2 meses.

-Ós 63 anos: 2 meses e medio.

-Ós 62 anos: 3 meses.

-Ós 61 anos: 3 meses e medio.

-Ós 60 anos: 4 meses.

O gozo destas vacacións farase efectivo coa correspondente antelación ó seu cesamento efectivo, debendo o traballador comunicar de forma constatable a súa decisión á empresa. Esta faralle entrega ó traballador que solicite as vacacións dun certificado acreditativo do seu gozo, no que constará o número de meses ós que ten dereito.

Artigo 15º.-Seguro de invalidez ou morte.

As empresas suxeitas a este convenio contratarán un seguro por accidentes de traballo, nos termos previstos no parágrafo seguinte, polas contías de 25.000 euros por invalidez permanente, nos graos de total, absoluta e grande invalidez, e de 16.000 euros no caso de morte.

Habida conta de supoñe-las contías anteriores un incremento con relación ás previstas no convenio anterior, a contratación das novas contías será obrigada para as empresas cando, publicado este convenio no BOP de Lugo, proceda a renovación da póliza concertada pola empresa por este concepto.

Artigo 16º.-Axudas de custo e quilometraxe.

Todo traballador con dereito a axudas de custo percibirá a partir do 1 de xullo de 2003 por axuda de custo completa 30 euros e 12 euros por media axuda de custo, ou ben gastos a xustificar segundo factura, á elección da empresa.

O traballador que, por necesidades do servicio, teña que desprazarse fóra do lugar onde radique o seu centro de traballo empregando o seu vehículo particular, percibirá por este concepto a cantidade de 0,18 euros/kilómetro. Esta indemnización non operará cando se trate do desprazamento que o traballador teña que realizar ó seu centro de traballo para prestar servicios neste.

Artigo 17º.-Aprendices.

Os anos traballados como aprendiz nunha empresa serán computables para os efectos de duración da aprendizaxe, noutra das mesmas especialidades, logo de certificación do aproveitamento pola empresa

anterior, ou certificación de capacitación por un centro de formación profesional.

O tempo de aprendizaxe nunha empresa será computable para os efectos de antigüidade. Para os efectos de determina-los salarios que corresponden tratarase o establecido na táboa salarial anexa.

Artigo 18º.-Dereitos sindicais.

As empresas vinculadas a este convenio recoñecen ós sindicatos debidamente implantados no sector como elemento básico ou representativo, para afrontar a través dos seus delegados de persoal e comité de empresa as necesarias relacións entre traballadores e empresario. Para o exercicio das súas funcións representativas, recoñécese ós membros dos comités de empresa e delegados de persoal o número mínimo de horas retribuídas mensuais previstas no artigo 68 do Estatuto dos traballadores segundo o número de traballadores de cada centro de traballo, sen que en ningún caso o crédito horario mensual poida ser inferior a 16 horas.

Cota sindical. As empresas, por requirimento dos traballadores ou dos seus representantes sindicais (comité ou delegados), descontarán da nómina mensual do traballador o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección da empresa un escrito no que expresará, con claridade, a orde do desconto, a central sindical ou sindicato ó que pertence, a contía da cota e o número de contas correntes e entidades onde debe ser transferida a dita cantidade. A dirección da empresa entregará copia da transferencia á representación sindical, se a houbera.

Taboleiro de anuncios. Os delegados de persoal e seccións sindicais constituídos a teor da lexislación vixente, disporán dun taboleiro de anuncios para expoñer comunicados relativos a problemas laborais da empresa ou do sector.

Artigo 19º.-Compensación en caso de baixa por enfermidade ou accidente.

Nestes supostos, a empresa aboará ós seus traballadores o complemento necesario para que, unidas á compensación económica, debida a incapacidade temporal, por accidente de traballo e enfermidade profesional, o traballador perciba o salario que se establece neste convenio a partir do día seguinte ó inicio da baixa e mentres perciba a indemnización económica a cargo da Seguridade Social, podendo a empresa controla-la evolución da enfermidade ou accidente por medio dos seus servicios, deste dictame médico dependerá a subsistencia do referido beneficio, sen prexuízo das sancións que resulten pertinentes.

Igualmente, no caso de enfermidade común, e a partir da data de publicación deste convenio no BOP de Lugo, o 100% aboarase a partir das 18 semanas de baixa e, en todo caso, cando exista hospitalización e durante o tempo que dure esta.

Artigo 20º.-Dos traballos tóxicos, penosos e perigosos.

En todo caso, para a súa cualificación e determinación fidedignas -previa comunicación á empresa do traballador e traballadores supostamente afectados- rexerá o que determine a autoridade laboral, logo do expediente legalmente tramitado para tal efecto.

En canto á súa retribución e demais aspectos normativos, rexerá o disposto no II convenio colectivo estatal para as industrias da madeira.

Artigo 21º

Cando no cumprimento das obrigacións laborais puidera producirse a retirada do carné de conducir, por infracción ou accidente, a empresa comprometerase a ocupar ó traballador afectado naquelas tarefas que non requiran tal condición. Esta medida non será de aplicación no caso de infracción reiterada ou de retirada definitiva do carné.

Artigo 22º

A idade de xubilación voluntaria será de 64 anos cumpridos. Todas aquelas empresas ás que lle sexa solicitada por un traballador a dita xubilación á idade xa citada, veranse obrigadas a contratar outro traballador, titular de dereito ás prestacións de desemprego ou novo demandante de primeiro emprego, mediante un contrato da mesma condición có extinguido na forma e condicións que establece a lexislación vixente.

Artigo 23º.-Normas supletorias.

En todo o non previsto neste convenio colectivo, rexerá o disposto no II convenio colectivo estatal para as industrias da madeira e demais lexislación vixente.

Artigo 24º.-Recoñecemento médico.

As empresas vinculadas a este convenio colectivo están obrigadas á realización dun recoñecemento médico anual para todo o persoal, a través do gabinete técnico provincial de seguridade de hixiene, ou a través da mutua patronal de accidentes de traballo. O tempo empregado no recoñecemento será aboado pola empresa, quen facilitará os medios de transporte para este desprazamento.

Artigo 25º.-Traballo da muller.

Os dereitos e obrigacións establecidas na lexislación laboral e neste convenio afectarán por igual ó home e á muller.

As empresas están obrigadas a pagar, por igual traballo, os mesmos salarios e complementos sen discriminación de sexo.

Para os efectos da extinción do contrato de traballo por causas obxectivas, non se computarán como faltas de asistencia as dos traballadores en período de licencia por maternidade.

Artigo 26º.-Comisión de seguridade e hixiene no traballo.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios de Ebanistería de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo da convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1º Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a previsión dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2º Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten á integridade física e saúde dos traballadores.

3º Dar a coñece-las normas e procedementos e que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4º Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que se realicen ós traballadores deste sector.

Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo, no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 27º.-Comisión de formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiación oficial que afectan ó sector de ebanistería, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que poidan programar máis adiante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación da mesma, tanto ocupacional coma regulada (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais dos traballadores técnicos, administrativas e manuais, coas súas equivalentes na Comunidade Económica Europea.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 28º.-Complemento de antigüidade.

A partir do 30 de setembro de 1996 non se devengan por este concepto novos dereitos, quedando, polo tanto, suprimido.

Non obstante, os traballadores que tiveran xerado antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e contías en concepto de antigüidade, manterán a cantidade consolidada na dita data. A contía mencionada figurará na nómina de cada traballador como complemento persoal baixo o concepto de antigüidade consolidada, non sendo tal contía absorvible nin compensable. Para tales efectos, fíxase na táboa salarial anexa o importe do quinquenio consolidado para cada unha das categorías profesionais.

Artigo 29º.-Vinculación á totalidade.

Como queira que as condicións pactadas neste convenio colectivo son o resultado da adaptación do mesmo ó II convenio colectivo estatal para as industrias da madeira, se se dese o caso de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase, habendo resolución firme, algúns ou tódolos seus pactos e

polo tanto quedase sen efecto o II convenio colectivo estatal pola aplicación do seu artigo 16, o II convenio colectivo estatal deixará de rexer no futuro no que respecta ó presente convenio colectivo provincial.

Por outra parte e no suposto de que a xurisdicción competente estimase que algunha das condicións pactadas neste convenio colectivo conculca a legalidade vixente ou lesiona gravemente intereses de terceiros e como queira que este convenio, na súa redacción actual, constitúe un todo orgánico indivisible, terase por totalmente ineficaz, debendo reconsiderarse a seu contido íntegro pola comisión negociadora.

Disposicións adicionais

Primeira.-As partes asinantes deste convenio consideran o acordo interprofesional galego sobre dos procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo como a canle idónea para a solución dos conflictos colectivos laborais.

Segunda.-As partes asinantes manifestan a súa vontade de impulsa-la negociación dun acordo marco para o sector de ebanistería de ámbito galego.

Terceira.-As empresas disporán dun mes desde a publicación deste convenio no BOP ou Diario Oficial de Galicia para aboa-las diferencias salariais entre as cantidades que viñeran percibindo e as que se pactan neste convenio, en concepto de atrasos desde o 1 de xaneiro do 2003 ata a data da publicación.

ANEXO I

Cadro de permisos e licencias do II convenio estatal da madeira

Motivo da licenciaTempo máximoSal. basePagas extrasComp. antig.IncentivosCom. conv.Com. postoCom. non sal.Xustificación

Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogros3 días naturais, ampliables ata 5 días naturais no caso de desprazamento superior a 150 kmSiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmás e avós3 días naturais, ampliables ata 5 días naturais no caso de desprazamento superior a 150 km SiSiSiSiSiSiNonXustificante médico que acredite o feito

Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticos2 días naturais, ampliables ata 4 días naturais no caso de desprazamento superior a 150 kmSiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Enfermidade grave den noras, xenros, cuñados e avós políticos2 días naturais ampliables ata 4 días naturais no caso de desprazamento superior a 150 kmSiSiSiSiSiSiNonXustificante médico que acredite o feito

Nacemento de fillo ou adopción3 días naturais ampliables a 5 días naturais no caso de desprazamento superior a 150 kmSiSiSiSiSiSiNonLibro de familia ou certificado do xulgado

Casamento do traballador15 días naturaisSiSiSiSiSiNonNonLibro de familia ou certiicado oficial

Cambio de domicilio habitual1 día laborable (1)SiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Deber inescusable de carácter público ou persoalO indispensable ou o que marque a normaSiSiSiSiSiSiNonXustificante da asistencia

Lactación ata nove mesesAusencia dunha hora ou dos fraccións de media hora; reducción da xornada en media horaSiSiSiSiSiSiSiLibro de familia ou certificado de adopción

Traslado (artigo 40 ET)3 días laborablesSiSiSiSiSiSiNon

Casamento de fillosO día naturalSiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Funcións sindicais ou de representación de traballadoresO establecido na normaSiSiSiSiSiSiSiO que proceda

ANEXO II

Táboa de salarios

Convenio ebanistería de Lugo (vixencia desde o 1-1-2003 ó 31-12-2003)

Categoría profesionalSalarío díaQuinquenio consolidadoSalario anual

Encargado e similares31,25470,0813.281,25

Oficial 1ª conduc. e asimil.31,16468,7113.243

Oficial 2ª conduc. e asimil.30,17453,8112.822,25

Peón, axudante e asimil.29,52444,1012.546

Aprendiz 17 anos18,70281,537.947,50

Aprendiz 16 anos16,69251,457.093,25

Categoría profesionalSalarío mesQuinquenio consolidadoSalario anual

Xefe oficina e proxectista942,64467,2313.196,96

Oficial 1ª admin.e xefe taller933,85462,8913.073,90

Oficial 2ª admin. e xefe taller907,77449,9512.708,78

Auxiliar administrativo890,46441,3712.466,44

Aprendiz maior 18 anos879,67436,0312.315,38