Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.843

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (483/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e

Certifico: que neste xulgado séguense autos nº 483/2003 por instancia de Benedicta Souto Lestón e María Belén Suárez Souto contra Taller de Confecciones Baer, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 15 de setembro de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

Que estimando a demanda formulada por Benedicta Souto Lestón e María Belén Suárez Souto, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Taller de Confecciones Baer, S.L., a que á súa elección, para efectuar no prazo de cinco días, os readmita no seu posto e condicións de traballo ou os indemnice coa cantidade de 2.345,19

euros a Benedicta Souto Lestón e 5.607,88 euros a María Belén Suárez Souto, así como aboarlles en concepto de salarios de tramitación a cantidade de 4.972,87 euros a sra. Souto Lestón e 4.833,77 euros a sra. Suárez Souto.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo á empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60.0483.03 de Banesto (0030) desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a sustanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que a mesma prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mandoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Taller de Confecciones Baer, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 18 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado