Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.843

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (499/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e

Certifico: que neste xulgado se seguen autos nº 499/2003 por instancia de Cristina Segade Villar

e María Jesús Piñeiro Rivadas contra Sastrería López Parga, S.L e outra sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 16 de setembro de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Cristina Segade Villar e María Jesús Piñeiro Rivadas declaro a improcedencia dos seus despedimentos e condeno a empresa Carballos Altos, S.L. a indemnizalas coas cantidades de 5.779,51 euros e 4.816,26 euros respectivamente, e aboarlle-los salarios de tramitación ata a data desta resolución, que ascende á cantidade de 3.018,67 euros a cada unha delas, declarando extinguido o contrato de traballo na data da presente sentencia e absolvendo da demanda o resto das demandadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60.03.0499.03 de Banesto desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mandoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sastrería López Parga, S.L. e empresa Neyva, S.L., expido e firmo esta cédula na Coruña, 18 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado