Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da adquisición de novos cilindros con gas HFC-227 para as instalacións de extinción de incendios da Delegación Territorial de Pontevedra.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia concurso público polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da adquisición

de novos cilindros con gas HFC-227 para as instalacións de extinción de incendios da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Pontevedra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 31/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da adquisición de novos cilindros con gas HFC-227 para as instalacións extinción de incendios da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Pontevedra.

b) Número de unidades que hai que entregar: as que se detallan no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda, rúa Michelena, nº 30 (36002, Pontevedra).

e) Prazo de entrega: quince (15) días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e dous mil douscentos vintecatro euros, IVE incluído (42.224 A).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda. Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 95 72 83.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de información: será a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional segundo se dispón nas cláusulas 8 e 9 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do día 30 de outubro de 2003.

b) Documentación a presentar: a indicada na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 80 do Regulamento xeral de contratación do Estado, edificio San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n 15781, Santiago de Compostela.

c) Data e hora: ás 10.00 horas do día 5 de novembro de 2003.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde figuran as informacións relativas á presente convocatoria.

www.xunta.es/contratación/

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2003.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda