Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de setembro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Inmobiliaria Xaromer, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se aproba o procedemento para

a realización de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena, 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 23 de setembro de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Inmobiliaria Xaromer, S.L.

NIF: B-36314573

Rúa Nova de Abaixo, 3-2º

Pontevedra

Liquidación xuros

Expte. devolución: T-8536/98

Liq.: 600802476302