Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da substitución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Feixa I, promovida pola empresa Hidrofreixa, S.L.U., no termo municipal de Ponte Caldelas, Pontevedra.

Visto o escrito achegado pola sociedade Hidrofreixa, S.L.U., con CIF nº B-36010593 e con ende

rezo para efectos de notificación no parque empresarial O Campiño, parcela B-62, 36158 Pontevedra, solicitando a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución, do proxecto hidroeléctrico arriba epigrafiado, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 20 de setembro de 1898 outorgouse a Ramón Laforet Cividanes unha concesión para aproveitar 2.500 l/s do río Verdugo con destino a un aproveitamento hidroeléctrico no termo municipal de Ponte Caldelas, Pontevedra.

O aproveitamento para o que se outorgou a anterior concesión foi autorizado, ó mesmo promotor, o 31 de outubro de 1902 polo gobernador da provincia de Pontevedra Manuel Cojo Varela.

A anterior concesión foi transferida, do seu inicial beneficiario, a favor da sociedade Sociedad Española de Carburos Metálicos, S.A. por resolución da Dirección Xeral de Obras Hidráulicas o 4 de decembro de 1954.

O 29 de maio de 1980, a Comisaría de Augas do Norte de España aprobou a transferencia, a favor de Hidroeléctrica da Freixa (Hidrofreixa), S.L., da concesión que permitía á sociedade Sociedad Española de Carburos Metálicos, S.A. derivar 2.500 l/s do río Verdugo no termo municipal de Ponte Caldelas, Pontevedra, quedando a sociedade adquirente subrogada nos mesmos dereitos e obrigas que a anterior titular.

Segundo.-Mediante sendas resolucións do 11 de febreiro de 1988, autorizouse e aprobouse respectivamente a ampliación e automatización da central hidroeléctrica que a empresa Hidrofreixa, S.L. posúe en Ponte Caldelas, Pontevedra. Posteriormente, o 19 de decembro do mesmo ano o servicio correspondente da Delegación Provincial da Consellería de Industria, Comercio e Turismo de Pontevedra, estendeu a acta de posta en marcha das instalacións anteriormente autorizadas.

Terceiro.-Por Resolución do 11 de abril de 1990 da Dirección Xeral da Enerxía do Ministerio de Industria e Enerxía, incluíuse no réxime establecido polo Real decreto 1217/1981, do 10 de abril, sobre fomento á producción de enerxía eléctrica en pequenas centrais, á central hidroeléctrica de Feixa I, no río Verdugo, no consabido termo municipal de Ponte Caldelas, Pontevedra.

Cuarto.-Segundo o establecido no punto terceiro do artigo 2 do Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, en relación ás instalacións a que fai referencia a disposición transitoria segunda do devandito Real decreto, o aproveitamento involucrado nesta resolución quedou automaticamente comprendido no réxime económico establecido polo anterior real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, e foi inscrito no rexistro de instalacións de producción de enerxía

eléctrica en réxime especial da comunidade autónoma galega co número RE: 95-21.

Posteriormente, e froito da solicitude realizada pola empresa promotora o 1 de febreiro de 1999, a instalación foi incluída no Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, quedando inscrita no rexistro autonómico a que facíamos referencia no apartado anterior co número RE: 99-15.

Quinto-Armando García en nome e representación da empresa Hidrofreixa, S.L.U. solicitou a substitución dos equipos electromecánicos da central hidroeléctrica de Feixa I debido a que a antigüidade dos existentes mermou a capacidade de producción e rendemento deste. Para iso presentou a documentación establecida no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Sexto.-A delegación provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra someteu o proxecto anterior ó trámite de información pública mediante Resolución do 28 de maio de 2003, publicada no DOG e no BOP da provincia de Pontevedra de 16 de xuño de 2003.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se recibiron alegacións.

Sétimo.-En cumprimento do estipulado nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, enviouse, o 29 de maio de 2003, unha separata do presente proxecto ó Concello de Ponte Caldelas, o cal remitiu, o 5 de xuño, un condicionado relativo ó proxecto que foi aceptado pola empresa.

Oitavo.-O 4 de xuño de 2003, o director xeral de Augas de Galicia resolveu, tras o informe favorable do 2 de xuño da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, autoriza-la substitución dos equipos electromecánicos da central hidroeléctrica de Feixa I, a cal deriva augas do río Verdugo no termo municipal de Ponte Caldelas, de acordo co sinalado no proxecto achegado por Hidrofreixa, S.L.U.

Noveno.-Os equipos incluídos no proxecto de substitución das instalacións electromecánicas da central de Feixa I, segundo o proxecto de execución deste, asinado polo perito industrial José Luis Bernal Polo, colexiado número 1.431, e visado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais delegación de Santiago de Compostela, teñen as seguintes características:

-Dous grupos turbina-xerador das seguintes características:

1. Dúas turbinas Francis de eixo horizontal de 1.000 r.p.m., que para un caudal máximo unitario de 1.250 l/s e un salto neto de 72,65 metros, desen

volverán, cada unha delas, unha potencia máxima no eixe de 792,87 kW.

2. Dous xeradores síncronos de tres pares de polos, 50 Hz de frecuencia, 1.000 r.p.m. de velocidade de xiro, 94,51% de rendemento e unha potencia aparente de 750 kVA cada un, cun factor de potencia de 0,99 e unha tensión de xeración de 4,33 kV.

-Dous transformadores de 750 kVA de potencia aparente, 50 Hz de frecuencia e unha relación de transformación de 20-15/4,33 kV.

-Transformador de servicios auxiliares de 80-100 kVA e unha relación de transformación de 20 kV/380-220 V.

-Producción media anual estimada: 4,60 GWh.

-Orzamento total de execución por contrata con IVA: 517.164,91 euros.

-Instalacións de protección, manobra, mando, sinalización e medida.

Décimo.-O oito de agosto de 2003, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra emitiu informe favorable propoñendo a autorización e a aprobación execución do presente proxecto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, con relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa mencionados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autorizar administrativamente á empresa Hidrofreixa, S.L.U. a substitución das instalacións electromecánicas do aproveitamento hidroeléctrico no río Verdugo de Feixa I, no termo municipal de Ponte Caldelas, Pontevedra.

-Aproba-lo proxecto de execución do aproveitamento anteriormente autorizado.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 517.164,91 euros.

Segunda.-O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio, co fin

de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, e as súas instruccións técnicas complementarias segundo Decreto 3275/1982, do 12 de novembro e ordes posteriores, así como demais normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas.

Sexta.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a seu publicación.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas