Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Alicia 5917, da provincia de Lugo e promovida por Erimsa.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental someteranse ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Alicia nº 5917, situada en terreos dos concellos de Abadín, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Vilalba, provincia de Lugo e solicitado por Erimsa.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas