Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto modificado do Parque Eólico Chantada. (Expediente 5/2000 DXIEM-EOL).

Por Resolución do 10 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, auto

rizáronse as instalacións electromecánicas e declarouse a utilidade pública, en concreto, e por Resolución do 28 de xullo de 2003 aprobouse o proxecto modificado do Parque Eólico Chantada.

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan no Concello de Chantada (Lugo), como punto de reunión para, de conformidade con procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

As afeccións designadas na relación de bens e dereitos son as seguintes:

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar o prexudica-los camiños e as instalacións.

-(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

-(P.E.) Superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente, ou representados pola persoa debidamente autorizada, e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio asumirá a condición de beneficiaria a empresa Enerfín, S.A. Grupo Elecnor.

Lugo, 2 de outubro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación definitiva de bens e dereitos afectados sen acordo

Parque Eólico Chantada.

Concello de Chantada.

PredioPropietarioLugarUso do soloSuperficie afección

Nome e apelidosEnderezoAG nºS.E. (m)S.P.S.V./O.T. (m)

P(m)C (m)Z (m)

2Comunidade de Montes

Veciñais de San Vicente

de Argozón

Presidente: José Antonio

Diéguez Otero

Casa Rectoral, 14

San Vicente

Chantada (Lugo)

EspiñeiraM.A./M.B.2 a 243.8875.9807.8804.35293.591

Lenda:

S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: servidume de paso que implica a construcción de camiños e canles subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:-Dereito de libre paso ou acceso peonil e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.-Servidume de paso subterráneo que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e as instalacións.

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores coa seguinte limitación de dominio permanente:-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros), excepto árbores existentes.

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante a execución das obras.

P: plataforma.

C: camiño.

Z: gabia.