Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.776

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (262/2003).

María Teresa Sampedro Blanco, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia Número Dez da Coruña, certifica que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de María Vanesa Freire Bazarra, contra Fahim Ben Hadj Ali, sobre demanda de divorcio número 262/2003, dictouse sentencia de data 12 de xuño de 2003, e para a súa notificación ó demandado rebelde, acordouse libra-lo seguinte edicto:

«Sentencia.

Na Coruña o doce de xuño de dous mil tres.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia Número Dez dos da Coruña e o seu partido, os presentes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co nº 262/2003, por instancia de María Vanesa Freire Bazarra, representada pola procuradora Sra. Berea Ruiz e defendida polo letrado Sr. Bregua López, sendo parte demandada Fahim Ben Hadj Ali, declarada en situación legal de rebeldía, e sendo parte o Ministerio Fiscal,

Decido que estimando a demanda interposta pola procuradora Patricia Berea Ruiz, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Fahim Ben Hadj Ali e María Vanesa Freire Bazarra, celebrado en Túnez o 3 de febreiro de 1999, cos efectos legais que iso comporta; e debo acordar e acordo mante-las medidas establecidas por sentencia de data 24 de setembro de 2002, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia Número Tres desta cidade no procedemento número 1163/2000.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle ó demandado rebelde, Fahim Ben Hadj Ali, na forma legalmente prevista.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco (5) días, contados desde o día seguinte á notificación daquela (artigo 457 da LAC), que se preparará ante este mesmo xulgado, tendo en conta que de conformidade co que determina o artigo 774.5º da LAC, os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentencia non suspenderán a eficacia das medidas que se acordasen nesta; se a impugnación afectase unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade, separación ou divorcio.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ó rexistro civil correspondente, para os efectos de practica-las anotacións pertinentes.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Fahim Ben Hadj Ali, estendo este edicto na Coruña o 15 de setembro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado