Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.775

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (433/2000).

Acordado no rolo de apelación civil número 3174/2001, dimanante dos autos de cognición 433/2000, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Redondela, nos que aparece como apelante Industrias y Confecciones, S.A. (Induyco, S.A.) representada pola procuradora Dolores Virulegio e asistida da letrada Ana Rosa Rodríguez Vázquez e como apelada Instalaciones Tuy, S.L. representada pola procuradora Erminia Alonso Soliño e asistida pola letrada Mª Jesús Sarabia e Shirting Eurocompany, S.A., en situación procesual de rebeldía, dictouse sentencia co número 290/2003, con data do 29 de abril de 2003, e a decisión di:

«Que rexeitamo-lo recurso de apelación formulado por Industrias y Confecciones, S.A. (Induyco, S.A.) contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número dous de Redondela, o día 24 de setembro de 2001, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante».

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia e sirva de notificación a Shirting Eurocompany, S.A., se expide e asina o presente edicto en Vigo, 15 de maio de dous mil tres.

O secretario

Rubricado