Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.775

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (676/2000).

En Vigo o un de xullo de dous mil dous. Visto o recurso de apelación interposto contra a sentencia recaída nos autos de xuízo de cognición, seguidos perante o Xulgado de Primeira Instancia número nove de Vigo, co número 676/2000 (rolo de apelación civil nº 3149/2001), no que son partes: como apelante demandante Hispamer Servicios Financieros, representado pola procuradora Sra. Barreiro Carrillo e como apelada demandada José Gómez Pereira, en situación procesual de rebeldía, sendo relator José Ferrer González, quen expresa o parecer da sala.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que estimando parcialmente o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Barreiro Carrillo en nome e representación de Hispamer Servicios Financieros contra a sentencia dictada no xuízo de cognición número 676/2000, que se segue no Xulgado de Primeira Instancia número nove de Vigo, revógase esta no único extremo de elevar a cincocentos cincuenta e nove euros con nove céntimos a cantidade que lle terá que aboa-lo demandado á actora, confirmado esta en tódolos seus restantes pronunciamentos.

Os xuros procesuais da cantidade obxecto de condena en primeira instancia devengaranse desde a data dela ata a data da presente resolución. A cantidade obxecto de condena nesta resolución devengará xuros procesuais desde a data dela ata o seu total pagamento.

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia e sirva de notificación a José Gómez Pereiras, expídese e asínase este edicto.

Vigo, catro de novembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado