Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.775

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (4001/2003).

Inmaculada Pérez Arrojo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifica que no recurso que logo se dirá se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Na cidade da Coruña o trinta de abril de dous mil tres. Na cuestion de ilegalidade que co nº 4001/2003, pende resolución nesta sala, promovida polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra no procedemento abreviado nº 206/2002 en relación co artigo 7 punto 1º do Decreto 376/1996, do 17 de outubro, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Non compareceu a entidade Marfrio Marín, S.A., recorrente no citado procedemento abreviado. Decidimos que estimámo-la cuestión de ilegalidade interposta polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra e declaramos ilegal e anulámo-lo parágrafo primeiro do artigo 7º do Decreto 376/1996, do 17 de outubro, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, por ser contrario ó artigo 34.7º da Lei do Parlamento de Galicia número 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente; sen custas».

E para que conste, e para a súa publicación no DOG, e para os efectos oportunos, expido e asino este edicto na Coruña o cinco de setembro de dous mil tres.

Rubricado