Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.767

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2003 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza de técnico superior de investigación, grupo I2, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir unha praza de técnico superior de investigación do grupo I2, vacante no cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza de técnico superior de investigación do grupo I2, do convenio colectivo para persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 29 de abril de 2002), polo sistema de promoción interna e polo sistema de acceso libre.

1.2. Os procesos de selección de promoción interna e libre realizaranse separadamente e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre.

1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas de acceso.

1.4. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ó que se especifica no anexo I desta convocatoria.

1.5. A adxudicación da praza ó aspirante que supere o proceso selectivo, efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ámbalas dúas fases.

1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

1.7. Estas probas selectivas axustaranse ó disposto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, ó Decreto 95/1991, do 20 de marzo, ós estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 473/1997, do 28 de novembro, da Xunta de Galicia, ó convenio colectivo para persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 29 de abril de 2002), á Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro), sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e ás bases desta convocatoria.

2. Requisitos dos aspirantes.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato:

a) Seren españois ou nacionais dun estado membro da Unión Europea ou nacionais daqueles estados, ós que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos que nesta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así estea previsto nos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade.

c) Estar en posesión do título de doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá posuí-la credencial que acredite a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións propias da praza obxecto desta convocatoria.

e) Non ter sido separado de servicio de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio da función pública.

2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Teren a condición de persoal laboral fixo da Universidade de Santiago de Compostela.

b) Pertenceren a distinta categoría que a das prazas convocadas nesta convocatoria.

c) Teren unha antigüidade mínima de 6 meses como persoal laboral fixo na categoría á que pertenzan, o último día do prazo de presentación de solicitudes.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte nestas probas selectivas deberá solicitalo ó rector da Universidade de Santiago de Compostela en instancia segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os aspirantes deberán facer constar na súa solicitude o sistema polo que se inscriben, libre ou de promoción interna, segundo corresponda.

3.2. A instancia irá acompañada de fotocopia do DNI.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar:

-Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo.

-Declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

-De conformidade co disposto na base 6.5. da convocatoria, os aspirantes que estean exentos da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán, xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas básico ou superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegar esta certificación non poderán ser declarados exentos, polo que deberán realiza-la proba á que se refire o punto 6.5. desta convocatoria.

3.3. Os documentos xustificativos dos méritos que se valorarán na fase de concurso serán achegados no prazo improrrogable de 10 días contados a partir do seguinte ó da publicación das cualificacións do último exercicio da fase específica, polos aspirantes que o superasen da seguinte forma:

3.3.1. Certificación acreditativa dos servicios prestados, expedida polo unidade de persoal da Universidade de Santiago de Compostela.

3.3.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

3.3.3. A experiencia profesional acreditarase mediante certificación da correspondente xerencia ou unidade de persoal da Administración onde prestase servicios.

3.3.4. A certificación acreditativa dos extremos indicados na base 3.3.1., 3.3.2. (certificaranse os cursos que consten no expediente) e 3.3.3. expedirase de oficio para os aspirantes que presten ou prestasen os seus servicios na Universidade de Santiago de Compostela e engadirase á solicitude do aspirante.

3.3.5. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes.

3.3.6. En calquera momento a universidade poderá requirir dos candidatos os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas copias simples presentadas.

3.4. A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos parágrafos anteriores farase no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, situado no Rectorado da Universidade (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela), no rexistro do Campus de Lugo, situado no edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros (avda. Bernardino Pardo Ouro s/n, polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.5. Os dereitos de exame serán de 24,04 A, que se ingresarán na conta de Caixa Galicia Oposicións número: 2091-0388-90-3110000646. Para realiza-lo ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.5.1. Procederase á devolución dos dereitos de exame nos seguintes casos: cando non se celebren as probas selectivas ou cando os aspirantes sexan excluídos definitivamente delas e para tal efecto o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer consta-los datos bancarios no epígrafe correspondente da solicitude. De non figurar estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame.

3.6. Os aspirantes con minusvalidez deberán indicalo na súa instancia e solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que a adaptación sexa necesaria.

4. Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de admisión de solicitudes o rector da Universidade de Santiago de Compostela dictará resolución, no prazo dun mes, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos, na que consten as causas da exclusión e o prazo para reparalas. Esta resolución publicarase nos taboleiros de anuncios do rectorado, do edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo e na web http://www.ti.usc.es/webpas.

Para repara-los defectos que motivaran a exclusión ou omisión das devanditas relacións, os aspirantes disporán dun prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación da citada resolución. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non reparasen a exclusión ou omisión, xustificando o dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

A resolución que aproba a lista definitiva, publicada no rectorado, no edificio Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo e na web, esgotará a vía administrativa, podendo interpor contra ela recurso perante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición diante do rector no prazo dun mes de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III a esta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servicio (BOE do 30 de maio).

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas no devandito artigo.

Así mesmo os/as aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.3. A partir da súa constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.4. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.5. O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que estime pertinentes, limitándose os ditos asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación destes asesores deberá comunicárselle ó rector da universidade. O nomeamento dos asesores farase público e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación igual que ós membros do tribunal.

5.6. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten, na forma prevista na base 3.6, as adaptacións posibles en tempo e medios para a súa realización.

5.7. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes. O tribunal excluirá aqueles opositores que consignen o seu nome nas follas de exame, trazos, marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.8. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superou as probas selectivas un número superior de aspirantes có das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.9. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.

5.10. O tribunal, de conformidade co previsto no artigo 38.2º do convenio colectivo, poderá establece-la constitución de listas de espera segundo a orde de puntuación obtida, cos aspirantes que non superaron o proceso selectivo, coa finalidade de atender mediante contratacións temporais as vacantes e necesidades que poidan producirse ata a realización da próxima convocatoria.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra C, de conformidade co establecido na Resolución do 10 de marzo de 2003, da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para que acrediten a súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun só chamamento e serán excluídos das probas aqueles que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados, e libremente apreciados polo tribunal.

6.4. O día, hora e lugar de realización do primeiro exercicio faranse públicos na resolución que aprobe a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se realizara o primeiro deles, así como no Rectorado da universidade, ou por calquera outro medio que se coide conveniente para asegura-la súa máxima divulgación, cunha antelación de polo menos vintecatro horas á sinalada para a súa iniciación.

6.5. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

6.5.1. Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel axeitado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

6.5.2. O contido desta proba axustarase ó disposto no Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE do 29 de xullo), polo que se establecen os diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira. A proba cualificarase de apto ou non apto, é necesario obte-la valoración de apto para pasar a realiza-los exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estar en posesión do diploma básico ou superior de español como lingua estranxeira establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas ou certificación académica que acredite ter superada tódalas probas dirixidas á obtención dos mencionados diplomas. De non achegaren esta documentación non poderán ser declarados exentos, debendo, en consecuencia, realiza-la proba

descrita no parágrafo anterior.

6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá propoñerlle a súa exclusión ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo aspirante na súa solicitude, para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública a relación dos aspirantes seleccionados en cada un deles, con indicación da puntuación obtida.

7.2. A lista coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez realizado o derradeiro exercicio da fase de oposición.

7.3. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición e maila obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. En caso de empate, daráselle preferencia á maior puntuación obtida na fase de oposición. De persisti-lo empate dirimirase a prol do candidato que obtivese a maior puntuación na fase de coñecementos específicos. O tribunal fará pública, para cada sistema de acceso, a lista dos aspirantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada un deles, fosen seleccionados, e que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. A devandita relación, que será elevada polo tribunal ó rector da universidade xunto coa proposta de contratación a favor dos aspirantes que figuren nela, será publicada no taboleiro de anuncios do rectorado.

8. Presentación de documento.s

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel no que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados no rectorado da universidade, os aspirantes que figuren nelas deberán presentar no Servicio de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 de Santiago de Compostela) a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Fotocopia compulsada do título esixido.

c) Declaración xurada de que non foron separados mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non se acharen inhabilitados para o exercicio das funcións públicas, nin realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades. Os aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar que non están sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu estado, o acceso á función pública.

d) Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e, se é o caso, da Administración correspondente.

8.2. Igualmente durante o prazo citado na base anterior e con carácter previo á formalización do contrato como persoal laboral fixo, os aspirantes seleccionados someteranse a un recoñecemento

médico de acordo coas instruccións que para tal efecto reciban do Servicio de Planificación e Programación de PAS co obxecto de verifica-lo requisito citado na base 2.1. d) da presente convocatoria.

8.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.4. Quen dentro do prazo fixado, e salvo caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeado como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Disposición derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2003.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación da praza: técnico superior de investigación.

Procedemento de selección

1. O sistema de selección será o de concurso-oposición. Constará das seguintes fases:

1.1. Primeira fase, de carácter eliminatorio (para sistemas de promoción interna e acceso libre). Constará de dous exercicios:

-Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 40 preguntas tipo test, con 4 respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes a primeira fase do programa que figura no anexo II desta convocatoria.

O tempo máximo de duración deste exercicio será dunha hora e media.

A puntuación deste exercicio será de 0 a 40 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 20 puntos.

-Segundo exercicio: constará de dúas partes:

1ª parte: consistirá na resolución por escrito dun suposto práctico, proposto polo tribunal e correspondente á primeira fase do programa que figura no anexo II desta convocatoria.

O tempo máximo de duración deste exercicio será dunha hora e media.

A puntuación desta parte será de 0 a 20 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 10 puntos.

2ª parte: realización dunha proba práctica de coñecemento do funcionamento e mantemento básico dos equipos da Unidade de Difracción de Raios X.

O tempo máximo de duración deste exercicio será dunha hora e media.

A puntuación desta parte será de 0 a 40 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 20 puntos.

1.2. Segunda fase.

-Quenda de promoción interna.

Coñecementos de lingua galega. Terá carácter selectivo e non eliminatorio. Constará de dúas probas:

* Primeira proba: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

* Segunda proba: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 1 hora.

A puntuación total será de 0 a 10 puntos.

-Quenda de acceso libre.

Terá carácter selectivo e non eliminatorio. Constará de dúas partes:

* Primeira parte: coñecementos non específicos do posto. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes á segunda fase do programa que figura no anexo II.

A duración desta parte non será inferior a 1 hora.

A puntuación desta parte será de 0 a 10 puntos.

* Segunda parte: coñecementos de lingua galega. Constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 1 hora.

A puntuación desta parte será de 0 a 10 puntos.

1.3. Terceira fase: concurso.

Quenda de promoción interna: máximo 30 puntos.

a) Antigüidade: máximo 10 puntos. Valorarase a razón de 0,069 puntos por mes traballado.

b) Experiencia: máximo 15 puntos. Valorarase a razón de 0,21 puntos por mes traballado na mesma categoría en universidades públicas.

c) Cursos de formación e perfeccionamento, dispensados por centros ou organismos oficiais ou homologados e que estean directamente relacionados co contido da praza. Máximo 5 puntos, que puntuarán do seguinte xeito:

Cursos de formación recibidos:

-Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora de duración do curso.

-Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora de duración do curso.

-Curso de iniciación da lingua galega: 0,01 puntos/hora.

-Curso de perfeccionamento lingua galega: 0,02 puntos/hora.

No caso de te-los cursos de iniciación e perfeccionamento de galego, só puntuará o de perfeccionamento.

Cursos de formación impartidos: 0,03 puntos/hora.

Nos cursos nos que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

Quenda de acceso libre: máximo 15 puntos.

Valoraranse os seguintes conceptos:

a) Experiencia: máximo 11 puntos.

-Na mesma categoría nas universidades públicas: 0,15 puntos por mes traballado.

-Na mesma categoría noutras administracións públicas: 0,076 puntos por mes traballado.

-Noutras categorías nas universidades públicas: 0,076 puntos por mes traballado.

b) Cursos: valoraranse igual que para promoción interna ata un máximo de 4 puntos.

ANEXO II

Programa

I. Fase. Coñecementos específicos:

Bloque A:

1. Coñecementos avanzados de informática: procesado de textos, tratamento de sinais dixitalizadas, paquetes estatísticos e bases de datos.

2. Material electrónico, mecánico e de vidrio de uso xeral nun laboratorio instrumental. Características. Manipulación. Limpeza.

3. Servicios xerais de apoio á investigación. Aspectos que debe abarca-la oferta dun servicio xeral.

4. Aspectos máis importantes do manexo de mostras nun servicio xeral. Clasificación das mostras en función do seu risco.

5. Criterios para o seguimento da utilización dun equipo de servicios xerais. Procesamento de datos dun servicio xeral.

6. Criterios que hai que seguir nas boas prácticas de laboratorio.

Bloque B:

1. Conceptos avanzados das técnicas espectroscópicas, espectrométricas e de difracción na determinación estructural: resonancia magnética nuclear, espectrometría de masas e difracción de raios X.

2. Aplicación de técnicas espectroscópicas, espectrométricas e de difracción á determinación da composición, estructura e a dinámica de compostos moleculares orgánicos, inorgánicos, biolóxicos e macromoleculares e de materiais sólidos e líquidos.

3. Ferramentas informáticas de adquisición e procesado de datos espectroscópicos, espectrométricos e de difracción.

4. Espectrómetros de RMN e masas e difractómetros de raios X: descrición, uso, mantemento e aspectos prácticos.

5. Técnicas avanzadas de purificación e de preparación de mostras para a súa determinación por técnicas espectroscópicas, espectrométricas ou de difracción.

6. Conceptos avanzados e aplicacións de cromatografía de gases e de cromatografía líquida de alta resolución.

7. Conexión de técnicas de separación a técnicas espectroscópicas e espectrométricas. CG-MS, HPLC-MS, HPLC-RMN.

8. Manipulación de gases inertes e inflamables a alta presión. Manipulación de líquidos crioxénicos.

II. Fase. Coñecementos non específicos:

1. A Constitución de 1978: estructura e contido.

2. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos e eficacia dos actos administrativos. Motivación e notificación, nulidade e anulabilidade dos actos administrativos.

3. O procedemento administrativo común. Iniciación, ordenación, instrucción e terminación. A revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio. O silencio administrativo.

4. Os recursos administrativos.

5. Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores: dereitos e deberes laborais básicos. Clasificación profesional e promoción no traballo. Mobilidade funcional e xeográfica. Dos dereitos de representación colectiva e de reunión dos traballadores

na empresa. Da negociación dos convenios colectivos.

6. As universidades públicas españolas. Réxime xurídico.

7. A Universidade de Santiago de Compostela. Estatutos. Réxime económico e financeiro.

8. A Universidade de Santiago de Compostela. Estatutos. Órganos de goberno unipersoais e colexiados.

9. A Universidade de Santiago de Compostela. Estatutos. Clases e réxime xurídico do PAS.

10. Convenio colectivo do persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

11. Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas.

ANEXO III

Tribunal titular

Presidente: Ramón Leis Fidalgo, catedrático do departamento de Química Física da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:-Representantes da universidade:

Francisco Javier Sardina López, catedrático do departamento de Química Orgánica da Universidade de Santiago de Compostela.

Elsa Mosquera Barcia, funcionaria de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela.-Representantes do comité de empresa:

Emilio Martínez Rivas, laboral do grupo I da Universidade de Santiago de Compostela.

Mª Isabel García del Río, laboral do grupo IV1 da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Xosé Antón Freire Ramos, funcionario de carreira da escala de xestión da Universidade de Santiago de Santiago de Compostela.

Tribunal suplente

Presidente: Eduardo García-Rodeja, catedrático do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:-Representantes da universidade:

José Luis Sánchez López, profesor titular do departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela.

José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela.-Representantes do comité de empresa:

Fernando Tabernero Duque, laboral do grupo I1 da Universidade de Santiago de Compostela.

Ezequiel Vázquez Fernández. Laboral do grupo III1 da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Emilio Santos Vigo, funcionario de carreira da escala técnica de xestión da Universidade de Santiago de Compostela.

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO

CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO,

SECCIÓN SEGUNDA)