Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.776

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (876/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número catro da Coruña, en funcións,

Da fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 876/2002, por instancia de Susana Martínez Morandeira, contra José Ramón Galán, sobre cantidade nos que recaeu sentencia con data do 8-9-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Susana Martínez Morandeira contra José Ramón Galán Rodríguez debo condenar e condeno a demandada a que aboe a demandante a cantidade de 351,87 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda. Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que, contra esta non cabe recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa José Ramón Galán Rodríguez, expido e asino esta cédula na Coruña, 8 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado