Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.776

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (880/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número catro da Coruña, en funcións,

Dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 880/2002, por instancia de Concepción Mengual Ortells contra Frescaflor, S.L. sobre cantidade nos que recaeu sentencia con data do 8-9-2003, que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Concepción Mengual Ortells contra Frescaflor, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que aboe a demandante a cantidade de 1.944 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda. Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que, contra esta, non cabe recurso.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Frescaflor, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 8 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado