Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.777

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (903/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número catro da Coruña, en funcións,

Dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 903/2002, por instancia de Javier Sousa Fuentes contra Regue Norte, S.L. sobre salarios nos que recaeu sentencia, con data do 8-9-2003, que copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Javier Sousa Fuentes contra Regue Norte, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de 1.303,22 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda. Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Regue Norte, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 8 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado