Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de setembro de 2003, do recadador de zona de Vigo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala (Prokrapf, S.A.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces e emprázase o interesado, ou ó seu representante, para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación de Vigo, r/ Areal nº 62 local 3) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento de prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 26 de setembro de 2003.

Javier Sánchez García

Recadador de Zona de Vigo

ANEXO

Debedor: Prokrapf, S.A.

NIF: A36736106.

Data dilixencia: 23-9-2003.

Descrición: providencia de poxa.