Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/81-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., A Tapada, A Veiga.

Situación: O Pereiro de Aguiar.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV, en conductor tipo R.H.Z. 12/20 kV con orixe na L.M.T. aérea procedente do C.T. A Veiga, de 70 m ata o C.T. A Tapada-1 proxectado en caseta prefabricada con 630 kVA e R/T 20.000/380-220 V. Desde a cela de liña do C.T. anterior sae outra liña subterránea de 600 m ata o C.T. A Tapada-2 proxectado en caseta prefabricada con 630 kVA e R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de agosto de 2003.

(Por substitución legal consonte Resolución

do 22-7-2002 desta consellería)

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense