Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 5 de setembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica ós posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos ós expedientes 28/1976 e dous máis.

Na sesión celebrada por este xurado provincial o 11 de xuño de 2003, adoptáronse os seguintes acordos:

Relativo ós expedientes 28/1976 e 92/1980 dos montes de Guimarei e de Guldriz, respectivamente:

«4º.-Varios.

c) Montes: de Guimarei (expediente 28/1976) e de Guldriz (expediente 92/1980), pertencentes ós veciños das parroquias de Guimarei e Guldriz respectivamente, ámbolos dous do concello de Friol e clasificados como veciñais en man común por reso

lucións do xurado con datas do 29 de abril de 1977 e 20 de decembro de 1982.

Por sentencia firme dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número cinco de Lugo, con data do 27 de decembro de 2002 (procedemento ordinario nº 348/2002), seguido por instancia de Antonio Rodríguez Carregal e María Paz Buján Varela, declárase na súa resolución: «que os predios descritos no feito primeiro da demanda titularidade dos accionantes son do seu pleno dominio, sen que sobre eles teñan dereito dominical de ningún tipo as comunidades demandadas, a de Guimarei respecto do denominado Cerrado das Medornas ou Leira, e a de Guldriz sobre o denominado A Abelleira ou Chousa da Abelleira».

Examinada a devandita sentencia, o xurado, por unanimidade, acorda darlle cumprimento ó establecido nela, trasladando o seu contido ó Servicio de Montes e Industrias Forestais, para que proceda a efectua-las correccións oportunas no expediente correspondente.

Relativo ó expediente 116/1976 do monte de Lamela:

«4º.-Varios.

e) Monte: de Lamela (expediente 116/1976), pertencente ós veciños da parroquia de Lamela do concello de Guntín, e clasificado como veciñal en man común por resolución do xurado provincial con data do 28 de novembro de 1977.

Por sentencia firme nº 93, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número tres de Lugo, con data do 25 de xuño de 2001, declárase na súa resolución: 1) Que o monte de Lamela, declarado veciñal en man común, pertencente ós veciños da parroquia Lamela do municipio de Guntín, está constituído exclusivamente pola porción de monte denominada A Chaira, descrita no feito cuarto da demanda; 2) Que o resto do terreo que foi clasificado como veciñal en man común formando parte do monte de Lamela, en virtude da resolución referida no punto anterior, se debe excluír de tal clasificación, por estar constituído por predios pertencentes ós demandantes; 3) Que se deberá ter por modificada a resolución de clasificación do monte de Lamela como veciñal en man común, do Xurado Provincial de Montes de Lugo, de acordo co establecido nos pronunciamentos precedentes;».

Examinada a devandita sentencia, o xurado, por unanimidade, acorda darlle cumprimento ó establecido nesta, trasladando o seu contido ó Servicio de Montes e Industrias Forestais, para que proceda a efectua-las correccións oportunas no expediente correspondente.

Ó descoñece-lo nome e o enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio destes edictos, e conforme o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, póñense no seu coñecemento os devanditos acordos.

Contra eles pode interporse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o este xurado provincial, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo. Isto último de conformidade cos artigos 116 e 117 da citada Lei 30/1992 e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Lugo, 5 de setembro de 2003.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo