Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de xullo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 383 de cualificación do monte Couso, dos Castelos e Revolta, e Anquieiro, pertencente á parroquia de Aguiño, concello de Ribeira.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 383, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: Couso, dos Castelos e Revolta, e Anquieiro.

Comunidade: parroquia de Aguiño.

Parroquia: Aguiño.

Concello: Ribeira.

Superficie: 115,76 ha.

Lindeiros:

Parcela I. Monte Couso. Superficie 71,00 ha. É o monte Couso, nº 369 do CUP.

Norte: predios de particulares. Leste: predios de particulares, en parte mediante o Regueiro das Cargas. Sur: océano Atlántico e predios de particulares. Oeste: océano Atlántico.

Parcela II. Dos Castelos e Revolta. Superficie 5,22 ha.

Norte: predios de Juan García. Leste: predios de Antonio Patiño, Gabriel Cadaval e outros. Estrada de Carreira a Aguiño, pola Graña. Sur: camiño público. Oeste: predios de Juana Pérez, Flora Dios e outros. Estrada de Carreira a Aguiño, pola Graña, predios de Agustín Paz, Tomás Millares e outros.

Parcela III. Monte Anquieiro. Superficie 39,54 ha.

Norte: océano Atlántico, canle da Lagoa que o separa da praia do Vilar, lagoa de Vixán. Leste: lagoa de Vixán, predios de José Lampón, Juan Martínez e outros veciños de Aguiño. Sur: Cipriano Pérez, camiño veciñal á Graña, Ignacio Montes, S.A., Prodemar, S.A. Oeste: océano Atlántico.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 22 de xullo de 2003, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 22 de xullo de 2003.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor